Denuncian que a escaseza de prazas para as probas de inglés na USC pode adiar a obtención dos graos
Dende hai anos cómpre acreditar un nivel B1 nunha lingua estranxeira para obter o título de grao. Acción Universitaria denuncia que nesta altura xa non hai a posibilidade de matricularse neste ano nas probas internas que realiza a USC.