Medra o tempo de espera para operarse en Galicia
Pasa dos 83,4 días de hai un ano até os actuais 84,2, segundo as cifras feitas públicas hoxe pola Consellaría de Sanidade. Este incremento prodúcese mesmo nas enfermidades máis graves, nas que a espera media pasa dos 17,2 días aos 18,3.