Europa Laica denuncia o mantemento de celebracións relixiosas nas universidades galegas
Critica a celebración da festividade de San Tomé (o martes 28, aínda que trasladada a este luns). Rafael Martínez, decano de Filosofía, sinala que é "necesario" abrir este debate, "sobre todo nun momento no que hai un esforzo por parte da Igrexa por tomar posicións, no aborto ou no ensino”.