"As persoas temos que entender a forza que temos no momento de consumir"
María Almazán traballou durante catro anos nunha multinacional téxtil, que abandonou en desacordo co xeito en que producía as súas prendas en Asia. Abriu a súa propia empresa para facer roupa de maneira responsable e ecolóxica e agora coordina xunto con Amarante-Setem a Plataforma Galega de Moda Sostible, MOV3.