Movementos sociais
Estacións de tren ateigadas en homenaxe ás vítimas
O pobo galego rendeu homenaxe a todas vítimas e afectados polo sinistro de Angrois ateigando as estacións de tren de apoios e solidariedade.
Veciños de Corcoesto denuncian a mineira e a Xunta por delito contra o medio ambiente
Presentan unha demanda conxunta contra a empresa, unha subcontrata, o Concello de Coristanco, Augas de Galicia e as consellerías de Medio Ambiente e Industria por uns traballos de exploración que afectaron os acuíferos e deixaron sen auga 77 casas.
Non deamos nada por sentado
David Rodríguez
Moitos heroes e algún vilán
O 24 de xullo de 2013 será lembrado pola acción desinteresada e o traballo de moitas persoas e colectivos. Tamén hai viláns e críticas, sobre todo dirixidas ao desleixo de moitos medios de comunicación nas primeiras horas da traxedia
A fiscalía denuncia dous cargos da Xunta polo dragado da ría de Ferrol
O expediente remitido por Medio Ambiente agocharía un informe contrario ás obras e incluiría outro favorable e elaborado posteriormente. Adega pide a destitución inmediata dos dous funcionarios.
"Precisamos máis recursos se queremos que Galicia sexa un país con futuro e non condenado ao fracaso"
Os órganos de representación do persoal das tres universidades galegas presentaron ante o Valedor unha queixa para expresar o seu rexeitamento aos recortes orzamentarios no sistema universitario galego.
Por cada euro en axuda ao desenvolvemento España destina 11,5 a gasto militar
A distancia entre o gasto militar e o gasto en axuda ao desenvolvemento triplicouse en só catro anos. Cada vez entrégase máis axuda ao desenvolvemento a fondos financeiros opacos, algúns con sede en paraísos fiscais e en forma de SICAV
Spanish bombs
Carlos C. Varela
“O colapso do sistema está moi perto e é a nosa capacidade de responder o que está en xogo”
Montse Dopico entrevista a Carlos Taibo, profesor, ensaísta e activista social, que nesta ocasión se introduce no tema da lingua con Galego, português, galego-português?. O 15M, a resposta social á crise sistémica ou o nacionalismo tamén entran nesta conversa.
"Exiximos dereitos e non caridade"
Cincuenta persoas, convocados pola ODS-Coia e a parroquia do Cristo da Victoria, denuncian as "insuficientes" axudas de Emerxencia Social do Concello de Vigo, e reclaman "unha renda básica" que lles permita "vivir con dignidade".
Por un clamor "maior e plural" contra as touradas na Coruña
Unha manifestación percorrerá a cidade o vindeiro domingo 4 de agosto "contra a tortura animal e a subvención municipal deste espectáculo". Os convocantes confían en superar a afluencia das últimas marchas ante un rexeitamento cada vez máis importante contra os festexos taurinos.