"Os estudantes non precisan caridade, precisan xustiza e igualdade de oportunidades"
Os recortes nas axudas, as escasas saídas laborais e o risco de pobreza son algúns dos obstáculos cos que teñen que loitar os estudantes universitarios. Aumenta o abandono e a "caridade" mentras os estudantes piden "xustiza e igualdade de oportunidades".