Multas e sancións masivas perseguen os movementos sociais en Galicia
Activistas da Coruña acumulan case vinte propostas de sanción por participar en diferentes protestas e os afectados polas preferentes denuncian a "campaña de acoso e derribo" contra as plataformas a través de elevadas multas. Todos ven detrás a man do PP e do Goberno.