Unha 'chourizada' ante a sede do PP na Coruña pedirá a dimisión de Rajoy
Está convocada para este xoves 18 ás oito da tarde. Este martes unha asemblea preparatoria debaterá e organizará a acción.
Está convocada para este xoves 18 ás oito da tarde. Este martes unha asemblea preparatoria debaterá e organizará a acción.
A Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños critica a visita do embaixador de Canadá Jon Allen a Galicia para actuar como lobby mineiro e denuncia que a mina de Corcoesto se poida empregar como moeda de cambio por investimentos ou colaboracións no eido naval, téxtil ou forestal.
Pedro Trepat, avogado de Nunca Máis, fai balance dun proceso que durou nove meses e que agarda sentenza para despois do verán. Espera que esta sexa "exemplarizante" e non dubida en criticar a ausencia de presión cidadá. "Falta conciencia cívica neste país", asegura.
Varios expertos analizarán no encontro se existe ou non necesidade de modificar a actual Lei de Eleccións e os posibles modelos alternativos. Carlos Neira Cortizas, Francisco Martínez Hidalgo e Xosé Antonio López Rei conversarán sobre o asunto.
Movementos contrarios á política mineira da Xunta promoven alegar en masa contra o Plan Sectorial de Actividades Extractivas, cuxo prazo para emendalo finaliza agora o vindeiro 19 de xullo.
Cinco letrados empregaron a lingua propia no macroproceso, todos eles membros da Irmandade Xurídica Galega, que leva anos defendendo a normalización do idioma nas instancias xudiciais.
Activistas da Coruña acumulan case vinte propostas de sanción por participar en diferentes protestas e os afectados polas preferentes denuncian a "campaña de acoso e derribo" contra as plataformas a través de elevadas multas. Todos ven detrás a man do PP e do Goberno.
A Xunta exíxelle máis garantías económicas a unha compañía que tería que ampliar o seu capital en case 26 millóns de euros para poder asumir o investimento. Anova cre que as peticións do Goberno galego "non é mais que unha pantomima fraudulenta en conivencia coa empresa".
A CIG denuncia que máis dun terzo do persoal que traballa no Instituto Galego de Consumo son asistencias técnicas e acusa a Feijóo de "non quere persoal funcionario temas politicamente sensíbeis".
A multinacional canadense asegura que cumprirá cos requirimentos da Xunta e promete solvencia económica para a mina de Cabana de Bergantiños.
O xefe de máquinas pide "perdón" a Galicia polos danos causados pola marea negra e a avogada de López Sors volve defender a decisión de afastar o buque da costa.