Movementos sociais
O PP rexeita abolir as touradas porque "non hai risco de que proliferen" en Galicia
Vota unanimamente en contra da proposición do BNG, ao que acusa de "ansias rupturistas cun festexo español". O grupo popular defende as corridas polo "mantemento do touro de lidia" e das "dehesas", malia recoñecer a escasa aceptación que teñen no país.
Debate na Praza: Galicia non é unha mina
A Nave de Vidán acollerá este mércores ás 20.30 horas un debate sobre os perigos da megaminaría, coa participación de Paco García Trigo (Plataforma de Corcoesto), Nela Abella (Verdegaia), Xoán Doldán (Véspera de Nada) e Lola Torrano (Contramínate Laxe).
Alegación conxunta contra "a criminalización da protesta na rúa"
Francisco Jorquera, xunto ao resto de sancionados pola paralización do desaloxo de Aurelia Rey, presentan alegacións aos expedientes e denuncian a "desviación do poder" que leva a cabo o Goberno para "perseguir por vía administrativa" a contestación social.
"Coa que está a caer, Renda Básica xa"
ODS-Coia, a parroquia do Cristo da Victoria e o Grupo de Axitación Social entregarán este xoves no Concello de Vigo e na Xunta as follas de denuncia que recolleron nos últimos meses esixindo unha Renda Básica. O acto de entrega será precedido dunha manifestación.
A complexidade do cálculo das bolsas dificulta aínda máis o acceso
As esixencias para obter e conservar as bolsas e non ter clara a súa contía multiplicaría os casos de estudantes expulsados tras cursar todo o ano e, polo tanto, de universidades que quedan sen eses ingresos.
Resistência Galega na Rive Gauche
José Ángel Brandariz
Os catro independentistas xulgados rexeitan o uso da violencia
Eduardo Vigo, Roberto Rodrigues, Antom Santos e Maria Osório negaron pertencer a Resistencia Galega e defenderon que os "procesos políticos se desenvolvan por vías democráticas" na primeira xornada do seu xuízo na Audiencia Nacional.
Sarria Libre de touradas "non parará" até a fin deste espectáculo na vila
Varios centos de persoas manifestáronse este domingo nunha "marcha civica a prol da cultura e contra a ignorancia e a tortura que representan as touradas". Esixe do Concello a retirada de calquera subvención a esta actividade, así coma a fin da cesión de espazos públicos para realizala.
Esculca denuncia o incremento da "presión policial" e as "restricións" de dereitos en Galicia
A entidade, Observatório para a defensa dos direitos e liberdades, salienta que "a estes excesos non é allea a dirección política das forzas policiais"
Crece a presión para que España investigue os crimes do franquismo
Amnistía Internacional, a Asociación Española para o Dereito Internacional ou a Plataforma pola Comisión da Verdade, integrada por máis de cincuenta asociacións, piden a investigación dos crimes da Guerra Civil e o franquismo
Venham mais cinco
Daniel R. Cao