O recorte imposto por Wert nas bolsas achega o perigo de "elitización" das universidades
Todos os colectivos presentes no Consello Escolar do Estado rexeitaron o martes a proposta do Ministerio que reduce a contía das axudas ao estudo e endurece os requisitos para acadalas. En Galicia estudantes e mestres alertan do perigo de elitización das universidades.