Movementos sociais
Velaluz: Cando as asociacións contra a violencia de xénero son as imputadas
Unha concentración, apoiada polo BNG, ante a Audiencia Provincial da Coruña protesta contra a imputación deste colectivo de axuda a mulleres por "revelación de segredo". Ve-la Luz vén denunciando dende o ano 2011 as anomalías dos puntos de encontro familiar, recoñecidas polo Valedor do Pobo e a propia Xunta.
A Xunta permite a exploración mineira de dúas reservas da biosfera
Outra empresa canadense que busca prata, ouro e cobre ameaza varias áreas protexidas da provincia de Lugo.
O STEG únese á folga xeral no ensino do 9 de maio
Para o sindicato, esta lei contempla "unha auténtica contrarreforma educativa que implantará unha educación segregadora, elitista, adoutrinadora, clasista, recentralizadora, e que ten como obxectivo un sistema educativo máis propio do franquismo que dunha sociedade moderna"
BNG: “A Conferencia Episcopal e o PP non poden decidir sobre as liberdades reprodutivas das mulleres”
A formación presentou diversas iniciativas contra a reforma da Lei do Aborto impulsada por Alberto Ruíz Gallardón. Carme Adán manifestou que “a lei do aborto non debe ser modificada, en todo caso, mellorar algunha das súas carencias”
Cabral: Monte comunal ou macrocentro comercial?
Varios colectivos da cidade de Vigo, coma A Ría non se Vende, Equo, BNG, Esquerda Unida ou a Asociación de Afectados de Liñeiriños, manteñen unha firme oposición á expropiación de montes comunais para a construción dun espazo comercial da multinacional inglesa Eurofund Investiments. Este domingo as protestas obrigaron a suspender a asemblea de comuneiros que debatía o acordo.
"Hai que mudar o ensino do galego e o traballo de normalización"
Valentina Formoso presenta Do estigma á estima, unha obra na que fai propostas para un novo discurso lingüístico e novas estratexias nun ensino onde o alumnado mantén os mesmos prexuízos cara á lingua propia que hai anos.
Des-aprendendo a masculinidade
Carlos Negro
Camiñando pola protección da Serra do Galiñeiro
Centos de persoas maniféstanse para exixirlle á Xunta protección para o espazo natural e a paralización do parque eólico previsto na súa contorna, ameazada tamén por proxectos mineiros.
Moción popular contra as touradas na Coruña
Galicia Mellor Sen Touradas recolle sinaturas co obxectivo de presentar unha moción no Concello e pide que se "supriman os festexos taurinos e se dediquen as súas axudas públicas a fins sociais".
"O prioritario agora é deter a mina de Corcoesto"
A Rede contra a Minería Destrutiva xustifica a creación dunha plataforma galega pola necesidade de dar "unha resposta global" a un problema "que afecta xa a todo o país" e centra os seus esforzos no proxecto de Bergantiños. "A súa aprobación sentarían un precedente moi perigoso", din.
Galicia xa ten a súa plataforma global "contra a minería destrutiva"
Nace ContraMINAcción, unha rede contra as ameazas dos numerosos proxectos mineiros do país, que chama a cidadanía a unha gran manifestación nacional o vindeiro 2 de xuño en Compostela.