"Os narcos séntense fortes desde que apareceron as fotos de Feijóo"
Carmen Durán, fundadora de Desperta Cambados, presenciou o mércores no Parlamento as explicacións do presidente sobre as polémicas imaxes con Dorado. Insiste en que "debe marchar" ao non ter xa "autoridade ningunha para loitar contra o narcotráfico".