"Fixemos o blog porque a manipulación e a represión aumentaron na TVG"
O comité de empresa explica os motivos que levaron os traballadores a denunciar a "manipulación informativa" na canle pública. "A dirección pisou o acelerador tras os últimos casos de corrupción política", explica.