Quen ten medo da filosofía?
Este sábado realizaranse lecturas e debates públicos de textos para denunciar a proposta do Goberno, recollida na LOMCE, de reducir significativamente a presenza da Filosofía no Ensino Secundario. En Galicia a cita é na praza do Toural, en Compostela, ás once da mañá.