Un mes de solidariedade co pobo saharauí
Este venres comezan en Silleda unha serie de actividades -concertos, monólogos e contacontos-, que servirán para difundir a causa saharauí e ademais poder financiar o "Programa Vacacións en Paz".
Este venres comezan en Silleda unha serie de actividades -concertos, monólogos e contacontos-, que servirán para difundir a causa saharauí e ademais poder financiar o "Programa Vacacións en Paz".
Un colectivo leva case un ano reparando, limpando e rehabilitando zonas verdes, paisaxes ou espazos históricos ante o "desleixo e abandono" das administracións en Ferrol. Reclaman que o investimento da praza de España se dedique a contratar desempregados que fagan o traballo que eles fan voluntariamente.
A entidade pídelle á Xunta que aplique o "principio de cautela" ante o dano que podería provocar a explotación e lembra a resolución aprobada polo Parlamento europeo en 2010 que alerta dos perigos dos proxectos mineiros de carácter aurífero a ceo aberto.
Os colectivos ecoloxistas denuncian o grave risco que segue a supoñer a eucaliptización do parque natural e a inexistencia do obrigado Plan Reitor de Usos e Xestión ou dun plan forestal, o que impide a conciliación da explotación forestal e a biodiversidade.
Advirte que denunciará a empresa mineira "se utiliza a sinatura dun convenio para xustificar o proxecto" e aclara que o acordo só consiste en elaborar un informe para avanzar nas medidas protectoras e correctoras establecidas na Declaración de Impacto Ambiental.
Unha nova canle audiovisual prepárase para nacer en Galicia. Un "proxecto de activismo audiovisual" sen ánimo de lucro, en código aberto, baixo licenzas libres e dende abaixo á esquerda.