Movementos sociais
A mina de Corcoesto suma 350.000 euros de subvencións en dous anos
Unha nova axuda do Goberno central de 150.000 euros únese á que xa recibira hai un ano o polémico proxecto de Cabana de Bergantiños.
Alertan do inicio da privatización dos cárceres de Teixeiro e A Lama "seguindo o exemplo dos Estados Unidos"
O Ministerio do Interior ensaia o uso de vixilantes privados en 19 prisións, dúas delas galegas e non descarta que se produza unha "substitución progresiva" das forzas de seguridade do Estado. A Asociación Unificada de Guardias Civiles denuncia que o obxectivo final é a privatización, e AGE observa un seguidismo do modelo norteamericano.
O sector mineiro galego está a cavar a súa tumba en Corcoesto?
Roberto Roget
Os equipos de normalización piden á Xunta que "reconsidere" a súa estratexia co galego
A Cgendl reclámalle que cumpra a lei tras as sentenzas do TSXG, que aplique os principios xerais da Lei de Normalización e que "deixe de fomentar preconceptos en contra da promoción social do galego".
Os pais e nais da escola pública mobilizaranse contra o pago nos comedores
"Non é un recorte, é un ataque", di a Confapa, que prepara protestas, di que non consentirá unha medida que "desmantela o rural e o ensino público" e que pide que "se retiren os concertos, empezando polos que marca a Xustiza".
Reboredo sae do cárcere ao acadar o terceiro grao
Saiu esta mañá da prisión da Lama e mentres agarda pola concesión dun segundo indulto que elimine definitivamente a súa pena, permanecerá en liberdade, aínda que terá que pasar as noites no Centro de Inserción Social (CIS) de Vigo.
ECOAR. Unha ferramenta contra o capitalismo
ECOAR
A asemblea de Banca Ética Fiare puxo as bases doutra economía, "social e solidaria"
Os socios e socias da cooperativa escolleron coordinadores de zona, un comité ético e o representante no consello de administración do banco. Ademais, aprobaron a súa integración coa súa homóloga italiana Banca Popolare Etica e deron os últimos pasos para comezar a operar como entidade bancaria.
Denuncian que a Audiencia Nacional intenta evitar a inmediata posta en liberdade de Carlos Calvo
Os seus avogados afirman que non hai "motivos nin probas suficientes para seguir prolongando o seu estado de prisión preventiva" e critican que o xuíz lle queira imputar unha nova acción do 2011 e cuxa investigación fora pechada sen autor coñecido.
As plataformas de afectados por preferentes visitaron os peches de Gondomar, O Rosal e Tui
Reiteraron a súa petición aos cargos públicos do Partido Popular de que presenten "a súa dimisión e baixa no PP", condicionada "a que non se apliquen as quitas"
De xuíces, militares, prexuízos e alegrías
Manuel Dios