A Universidade de Vigo aplica o decreto Wert e o claustro da USC tomba os orzamentos
As contas da Universidade de Santiago foron rexeitadas con 94 votos en contra e 67 a favor, mentres en Vigo o Consello de Goberno aprobou os recortes a porta pechada tras impedir o paso aos colectivos que protestaban, que denunciarán ante a Xustiza.