Movementos sociais
BNG e ecoloxistas cargan contra a Lei de Montes do PP
Adega denuncia que a norma provocará lumes "máis rápidos, altos e fortes" e a deputada nacionalista Tereixa Paz, que visitou O Barco, pediu a derrogación da lei. A concentración convocada pola Alianza por un Medio Rural Vivo reuniu un cento de persoas en Valdeorras.
O Goberno xustifica a detención do fotógrafo, ao que acusa de agresións e "forte resistencia"
A Subdelegación do Goberno en Pontevedra asegura que un policía tivo que ser "atendido de lesións no nariz e na cara", defende a actuación dos axentes en Peinador e acusa os xornalistas de "invadir a zona libre de seguridade". O alcalde de Pontevedra censura "a violencia gratuíta e innecesaria" das forzas de seguridade.
A Policía detén un fotógrafo durante a recepción aos medallistas galegos
O xornalista gráfico do Diario de Pontevedra foi acusado de golpear un axente, algo que el mesmo negou. O propio medio cualifica de "desproporcionada" a actuación policial. Decenas de profesionais concéntranse ante a Subdelegación do Goberno en apoio de Rafa Estévez.
Un incendio na Veiga obriga ao desaloxo dos veciños
Un incendio fóra de control obriga ao desaloxo dos veciños da Veiga (O Barco). En breves momentos, máis imaxes e toda a información en Praza.
Ir cara a atrás para seguir adiante
Nun momento de crise o movemento a favor do decrecemento como alternativa de futuro comeza a abrise un oco en Galiza. Aposta pola primacía das relacións sociais sobre a produción e o consumo de produto inútiles ou nocivos, mentres se reduce o tempo dedicado ao traballo para repartilo entre máis persoas como solución ao paro
A praza de touros de Pontevedra 'pecha' en protesta pola "tortura animal"
O colectivo Touradas Fóra de Pontevedra cerra simbolicamente o coso da cidade pontevedresa e reitera a súa petición da "abolición das touradas e pedir a conversión das prazas en coliseos de uso cultural, social ou deportivo".
Beiras define a planta de Reganosa como "un crime político"
O voceiro de Anova reclama a execución da última sentenza do Supremo, que declara a ilegalidade da planta, e di que a regasificadora "é unha ameaza permanente e unha barbarie".
O Foro da Inmigración tilda de "racista" que os inmigrantes paguen unha póliza sanitaria
O Foro Galego da Inmigración cre que o Goberno pretende "responsabilizar" os sen papeis das "dificultades de sostemento do sistema sanitario" ao pretender aplicar unha taxa de 710 euros aos inmigrantes irregulares para que poidan acceder á sanidade pública. A medida afectaría a entre 10.000 e 15.000 persoas en Galicia.
Touradas na Coruña: Nin rendibles, nin masivas, nin exitosas
A afluencia de espectadores da feira taurina foi a menor dos últimos anos malia os centos de billetes regalados. A empresa organizadora recoñece que polo momento non lle é rendible economicamente a pesar de que o Concello colaborou cuns 90.000 euros. Mentres, a concentración antitaurina incrementa o seu apoio.
Verdegaia pide que as Illas Atlánticas deixen de ser Parque Nacional "se continúan as prácticas destrutivas"
O colectivo ecoloxista denuncia que as illas seguen sen Plano Reitor de Uso e Xestión e que nelas estanse a realizar "brutais desbroces" que "afectan a flora autóctonae a mortandade de vertebrados e invertebrados".
Galicia mobilízase contra as touradas
Colectivos da Coruña e Pontevedra convocan protestas contra as corridas de touros que se celebrarán no país e denuncian as subvencións, directas ou indirectas, de diversas administracións a un "espectáculo cruel e inútil, baseado na tortura, a dor e o ensañamento co touro".