Galiza Contrainfo recada en tres días os mil euros que necesitaba
A través de Verkami marcara como obxectivo chegar en corenta días a esa cantidade, que destinará a pagar o aloxamento dos seus vídeos.
A través de Verkami marcara como obxectivo chegar en corenta días a esa cantidade, que destinará a pagar o aloxamento dos seus vídeos.
O Parlamento aceita a trâmite a Iniciativa Legislativa Popular Valentín Paz-Andrade para promover a língua portuguesa e os vínculos com a Lusofonia, que precisará ser respaldada por milhares de assinantes
O xornalista coruñés Nacho Carretero entrevistou na cadea de Raiford (Florida) a Pablo Ibar, un español que leva 18 anos preso e condenado a morte. O periodista relata agora en Praza a experiencia vivida nun centro penitenciario cuxas imaxes e ambiente "son desacougantes". "Alí hai dous castigos a un tempo: estar encerrado nese lugar e estar agardando a morte".
Os axustes levados a cabo na ensinanza en Galicia afectan a todos os ámbitos, pero súfrenos especialmente aqueles alumnos con necesidades específicas de atención educativa por mor dalgún trastorno ou dificultade. Diversas asociacións e nais destes rapaces denuncian con crueza a súa situación e advirten dos problemas ante a masificación das aulas, os recortes no profesorado de apoio e a falta de recursos.
As mocidades do BNG realizan un acto simbólico na estatua que o pontífice ten en Compostela para reivindicar “políticas que recoñezan a igualdade de dereitos para todas e todos" no Día do Orgullo LGBT
Dúas directivas de ANPAs galegas reflexionan sobre os recortes no ensino e advirten de futuras mobilizacións dos pais e nais ante a falta de recursos na ensinanza dos seus fillos e os privilexios da educación privada. "Estamos fartos; vemos o futuro negro", aseguran.
Trátase dunha iniciativa de ADEGA, que leva unha década instalando composteiros caseiros. Este espazo permite os veciños dos edificios próximos deixar aí os seus residuos orgánicos, que se converten en compost.