Dous mil millóns de persoas non teñen acceso a 350 'medicamentos esenciais'
Estes fármacos, básicos no primeiro mundo, curan o 90% das enfermidades. Farmamundi denuncia a situación, causante de 15 millóns de mortes cada ano, e tamén alerta de que case un millón de persoas se verán privadas de acceso á saúde polos recortes en Cooperación.