Movementos sociais
“Os nenos son números”. A visión dun inspector de educación sobre os recortes
Un veterano inspector de educación, nunha longa conversa con Praza, realiza un repaso panorámico á situación do ensino público denunciando a “desprofesionalización” que os recortes implican e a “arbitrariedade” na toma dunhas decisións pensadas para a propaganda e non para satisfacer a necesidade social dun ensino de calidade.
Cadea humana contra os recortes nos servizos públicos
A mobilización coincidiu coa vista oral do conflito colectivo presentado por todas as organizacións sindicais con representación no comité intercentros
Feijóo promete 1.400 empregos na mina de Corcoesto, que acabará nos tribunais
O presidente da Xunta anuncia un investimento de 110 millóns nun proxecto que "aforrará 18 meses de trámites" grazas aos apois lexislativos do Goberno. A plataforma contraria á explotación asume que acabará recorrendo á Xustiza e advirte das numerosas irregularidades e do seu impacto medioambiental, tras lembrar que a compañía só garantiu menos de 300 postos de traballo.
Rio+20: "Viñeron para salvarnos ou para salvar a súa imaxe?"
O cumio internacional acollerá, con notables ausencias e escasas expectativas de éxito, debates ao redor da chamada economía verde, un concepto moi criticado por colectivos ecoloxistas, que denuncian que se encamiña cara á mercantilización dos recursos naturais. En paralelo, desenvólvese en Río até o sábado a Cimeira dos Pobos, cunha axenda alternativa.
A importancia de cambiar de papel
Implicadas no Desenvolvemento
As familias do rural mobilízanse contra os recortes na educación: "Non somos un rabaño"
Cativos, pais e veciños de Carballeda de Avia concéntranse contra a intención da consellería de "reducir o número de profesores" e advirten de futuros recortes na escola rural. Acoden disfrazados de ovellas para denunciar que non van acatar sen máis as decisións do Executivo.
Os recortes sociais provocan "pobres máis pobres"
Cáritas alerta da "avalancha" de peticións de axuda "acuciantes" á que se enfronta por mor da redución de "servizos e prestacións públicas". Só na área de Compostela as persoas atendidas incrementáronse máis dun 159% en apenas un ano.
Cada minuto, oito persoas convértense en refuxiadas
Distintos colectivos conmemoran este mércores o Día Mundial Refuxiados, salientando que no mundo hai 42,5 millóns de persoas desprazadas e denunciando situacións coma as dos campos de Dadaab, en Kenia, con medio millón de poboadores. En España as solicitudes de asilo aceptadas descenden ano a ano.
"O gran reto que temos por diante é levar a indignación aos centros de traballo"
Esther Vivas, activista, investigadora e membro de Izquierda Anticapitalista, presenta este xoves na Asociación Cultural Bou Eva o seu libro Planeta indignado. Ocupando el futuro e o venres participa tamén en Vigo no Congreso Internacional de Agricultura Ecolóxica. Audios no interior.
"O problema das escolas rurais non é xuntar nenos, senón a falta de recursos"
Expertos da educación no rural analizan os recortes previstos pola Xunta, pero lembran que o problema nas aldeas vén de moito máis atrás. "A situación é agora peor que hai trinta anos", aseguran, ao denunciar a falta de recursos e de formación e o "maltrato" sufrido desde hai anos polos colexios rurais por parte das administracións, "que actúan desde unha terrible ignorancia".
Convocan unha concentración de repulsa fronte á sede de Hidralia Energía, na Coruña
A coordinadora de loitas denuncia a actuación da empresa na construción dunha central hidroeléctrica en Guatemala, que conta co rexeitamento das comunidades indíxenas e pide a paralización do proxecto.