Movementos sociais
O persoal sanitario chama a manifestarse en Vigo ante a "situación límite" da Atención Primaria
O xoves 27 ás 20 horas unha manifestación partirá do PAC da rúa Pizarro. A convocatoria foi realizada polos 20 xefes de servizo que hai dúas semanas presentaron a súa dimisión e está apoiada pola Xunta de Persoal do CHUVI, SOS Sanidade Pública, sindicatos e outras entidades
Tres horas de unidade de oito radios da Coruña pola Asociación Galega de Asperger
O programa impulsado dende oito emisoras coruñesas emítese ao vivo dende o Teatro Rosalía dende as cinco da tarde do 29 de decembro. Asperga apoia persoas coa síndrome de Asperger dende os seus centros da Coruña e Santiago
Persoal da CRTVG en folga logra condicionar a emisión da lotaría de nadal
Dende o comité de folga cifran nun 87% o seguimento da mobilización deste 22 de decembro, que obrigou a emitir o especial da lotaría do nadal sen apenas recursos propios. A reivindicación do persoal foi visible nas conexións con algunhas das administracións premiadas
O “trumpismo climático” afiánzase en Galicia
Xosé Veiras
Que debes responder cando o teu cuñado solte un bulo racista na cea de nadal?
A iniciativa CiberRespect, na que participa Ecos do Sur, lanza unha guía para contraargumentar con datos as mensaxes falsas contra a inmigración que poidan xurdir nunha conversa ou xuntanza familiar, de amigos ou compañeiros de traballo
Apoio masivo á folga na CRTVG, que obrigou a mudar a programación habitual
Os sindicatos cifran nun 90% o seguimento dun paro que veu acompañado dunha concentración ante o Parlamento e unha manifestación por Compostela "contra o desmantelamento, a manipulación e a represión" nos medios públicos
- Entrevista
- Movementos sociais
"Esixímoslle á Xunta a restauración da canteira do Monte Neme, a drenaxe e o selado das balsas tóxicas"
A asociación Petón do Lobo vén de editar o libro O Monte Neme: da orixe sacra á minería irresponsable. Historia dunha ferida. Falamos coa súa coordinadora, Ana Varela
O conflito na CRTVG deriva este mércores nunha folga de 24 horas
O persoal dos medios públicos está chamado a un paro xeral e a unha concentración diante do Parlamento á que seguirá unha manifestación polas rúas de Compostela "contra o desmantelamento, a manipulación e a represión"
12 artistas visuais galegas protagonizan a Axenda Feminista 2019
Editada polo Observatorio da Mariña pola Igualdade por noveno ano consecutivo, xa se pode adquirir en toda Galicia. Busca loitar conta "a invisibilización das mulleres artistas e do seu traballo"
O berro de "Queremos tren" uniu en Betanzos á Coruña, Ferrol e Ribadeo
A Plataforma pola Defensa do Tren A Coruña e As Mariñas organizou unha viaxe reivindicativa para denunciar a situación dos servizos ferroviarios do norte de Galicia. A mobilización partiu de Ferrol e á Coruña para atoparse en Betanzos
- Mapas interactivos Pola sanidade pública
- Movementos sociais
78 concellos galegos perderon o seu único pediatra dende o 2004
Nos últimos 13 anos o número total de pediatras en Atención Primaria pasou de 405 a 327. Catro comarcas carecen por completo destes especialistas e outras 10 contan cun só profesional. Ademais, o 25% dos pediatras galegos teñen máis de 60 anos e o 40% superan os 55.