> Nova música galega

Crítica de novidades musicais galegas (e algúns clásicos) a cargo de Noel Feáns

  • Anxo Araújo: Aprender a bailar

    O pontevedrés Anxo Araújo agromou co seu álbum de debut coma unha das voces propias con maior personalidade da escena galega postpandemia. Con Aprender a bailar, o seu segundo traballo, deixa atrás boa parte daquela saudade para entregar unha colección de cancións que percuran nos ritmos meridionais as bases fundacionais sobre as que desenvolver o vitalismo do seu novo discurso

  • Caamaño & Ameixeiras : Quitar o aire

    Caamaño & Ameixeiras reinventan co seu segundo disco a maneira de entender a música tradicional sen deixar nunca de ser elas mesmas. Unha aventura abondosa en experimentación e azos rupturistas nas que o noso Rick Rubin patrio, o Hevi, colle o temón para guiar ao intrépido dúo en tan arriscada travesía.

  • Filloas : O segundo disco xd

    Na rica e heteroxénea escena galega, baixo os grandes nomes que poboan festivais e reportaxes en medios, abundan as pequenas xemas. Proxectos moitas veces cativos en medios pero sempre desbordantes en talento que agroman de cote por calquera curruncho do País. A lista non ten fin e sempre trae novidades. E precisamente a este selecto pero populoso clube pertence o heroe da viñeta desta semana: o vigués Iago Galego AKA Filloas.

  • Chicharrón : O que nos queda por non dicir

    O que nos queda por non dicir é o sexto disco de Chicharrón, unha banda en constante evolución que en pouco máis dunha década se ten convertido en referencia imprescindible do pop de vangarda galego.

  • Capital Voskov : Abrir el juego

    Os muradáns Capital Voskov lanzaron o pasado outono o seu primeiro disco longo, unha obra que alén de conter unha manchea de clásicos instantáneos permite botar unha ollada a algunha das interesantes dinámicas musicais e sociolingüísticas que están a se dar na música galega dos últimos anos.

  • Ataque Escampe : Cabalgata

    Ataque Escampe veñen de asinar con Cabalgata o seu album máis complexo. Un rico catálogo de músicas contemporáneas que arroupan, máis unha vez, a máis prezada lírica da escena galega

  • Grande Amore : II

    Cantaban os xa extintos Second que “esas letras son agujas que se clavan en mi espina”, unha sensación moi semellante á que de certo deben sentir as millennials galegas fronte as verbas do trobador existencialista do Valadouro. E precisamente nesas coordenadas de frustración e anguria é onde Nuno se ten convertido con só dous discos na indiscutible -e involuntaria- voz da súa xeración.

  • Loita Amada : Rematou o simulacro

    Cando atopas unha obra de madurez saída do leito dun artista que xa ten varias décadas de percorrido cumpre esculcala con maior paixón que se fose o enésimo disco de debut. É o caso de “Rematou o simulacro”, segundo disco de Loita Amada

  • Mondra : ARDĒN

    Poucos poderían agoirar os cambios sistémicos que chegarían nos seguintes anos para a nosa música tradicional con estouridos das dimensións de Tanxugueiras, primeiro, e Fillas de Cassandra, despois. E xusto cando xa nos dabamos por satifeitos, cando xa non podiamos pedir máis por medo a perdelo, vai e aparece unha nova peza no rico quebracabezas que é este movemento neotradi: Mondra