Repasa aquí o resultado electoral e o partido gañador en todas as seccións censuais de Vigo, A Coruña, Compostela, Ourense, Lugo, Pontevedra e Ferrol. Entra en cada enlace para acceder á información das sete cidades.
O PSdeG-PSOE obtivo cando menos o 49% dos votos en 242 das 244 seccións censuais da cidade e arrasou en barrios e parroquias como Lavadores, Candeán e Beade. Os socialistas multiplicaron por cinco os apoios recibidos polo PP, que só resistiu nas rúas máis céntricas.
Os populares resistiron ben a competición con Ciudadanos e Vox e superaron o 50% no Ensanche, Pescadería e Cidade Vella, pero os socialistas gañaron no resto da urbe, arrebatándolle un gran número de apoios á Marea Atlántica.
O PSdeG-PSOE só baixou do 25% dos votos naquelas áreas (ben no rural, ben nalgunhas rúas do Ensanche) nas que o PP se amosou especialmente forte. Os socialistas superaron amplamente a Compostela Aberta en áreas que Martiño Noriega dominara hai catro anos, como Fontiñas ou Conxo
Menos de cinco puntos separaron ás tres formacións, na urbe cun resultado máis igualado (e incerto) no país. Os socialistas foron os trunfadores nun maior número de barrios, pero o PP dominou o centro e Democracia Ourensana a zona do Vinteún.
Os populares superaron o 40% no casco histórico e en boa parte do rural, gañando na maior parte das mesas da cidade. Socialistas e nacionalistas acadaron a maioría a pesar da fragmentación no campo progresista grazas ao voto dos barrios residenciais.
O Bloque gañou en 46 das 62 seccións censuais do concello, sendo o resto para o PP, sobre todo na zona norte e algunhas áreas rurais.
O PP rolda e mesmo supera o 50% dos votos en boa parte do centro da cidade, o barrio da Madalena e tamén en parte dos Ensanches. Porén, o PSdeG de Ángel Mato crece en barrios como Caranza ou Esteiro, obtendo deste xeito a Alcaldía.