Política
As eleccións do cansazo
Gabriel Vezeiro-Sueiras
O BNG fíxase como obxectivo "galeguizar o debate político"
A formación busca abrir un diálogo “franco e directo” coa "cidadanía rebelde e contestataria do país" e abre un proceso de asembleas locais abertas para recadar propostas que lle trasladar á sociedade.
O PSOE escolle a 'fórmula galega' para as súas primarias
A militancia socialista escollerá o seu novo ou nova secretaria xeral a través dunhas primarias non vinculantes, cuxo resultado será despois ratificado polos delegados e delegadas que participen no congreso extraordinario do partido, que celebrará o 19 e 20 de xullo.
O PP rexeita que o Consello de Contas audite as finanzas dos Concellos con cargos imputados
Os populares votaron en contra dunha proposta de AGE para que o organismo revise os movementos económicos dos gobernos municipais baixo investigación xudicial. O BNG pediu que o Consello fiscalizar a xestión financeira de Sogama, Cidade da Cultura, Igape, as deputacións ou o endebedamento da Xunta.
Vimianzo denuncia xudicialmente varios cargos da Xunta por prevaricación
Un departamento da Consellaría de Presidencia leva meses bloqueando o nomeamento da secretaria do Concello, o que impide a aprobación dos orzamentos municipais ou a concesión de licencias. Para o alcalde, Manuel Antelo, son as relacións de amizade entre os cargos da Xunta e os concelleiros da oposición as que propician este bloqueo.
Nacionalismo e sociedade civil
Xulio Ríos
Cae o palacio analóxico asaltado por guerreiros dixitais
Suso de Toro
Feijoo recoñece agora o impacto da corrupción nos malos resultados do PPdeG
O presidente da Xunta atribuíra nun primeiro momento a perda de 200 mil votos dos populares en Galicia á "desmotivación", mais este mércores concedeu "un peso non menor" aos escándalos de corrupción. Chamou a facer "autocrítica dende a vitoria"
As oportunidades do 25M
Xesús Veiga
A loita cidadá impulsa a esquerda e o nacionalismo en varias localidades
A resposta na rúa contra a mina de Corcoesto, as obras no río en Sarria ou a incineradora do Irixo disparou a abstención nos municipios afectados, onde se desmobilizou moito electorado popular pero se consolidou o do BNG e se asentou o apoio a AGE.
Castelao aguántao todo
O outorgamento da Medalla Castelao á ata agora eurodeputada e filla do ex presidente da Xunta Carmen Fraga reabre a polémica sobre os criterios para a concesión deste galardón, que destacadados persoeiros da cultura galega comparten con Méndez, Gayoso, Míchel Salgado ou Manuela López Besteiro.