'Puertas de Galicia', 2,5 millóns de euros nun plan turístico que "só é fume"
O Concello de Castrelo de Val quedou oficialmente expulsado da iniciativa, da que xa se desmarcara hai uns días, despois de meses de críticas polo gasto excesivo nunhas actuacións de promoción do sur da provincia de Ourense que non ofrecían resultados visibles.