Feijóo aplica unha lei antes de que a aprobe o Parlamento
O presidente da Xunta anuncia para este xoves a posta en marcha da Unidade Galicia Emprende prevista na lei do emprendemento, que o lexislativo non rematará de tramitar ata a vindeira semana.
O presidente da Xunta anuncia para este xoves a posta en marcha da Unidade Galicia Emprende prevista na lei do emprendemento, que o lexislativo non rematará de tramitar ata a vindeira semana.
O proxecto comunicativo Quinteiro do Umia afonda no polémico proxecto, apoiado por PSdeG-PSOE, PP e Independentes, e pagado con cartos públicos a través da Deputación. Denúncianse irregularidades na súa tramitación e non conta con autorización da Axencia Española de Seguridade Aérea.
Besteiro advirte ao presidente de que se pretende reducir escanos "si ou si, a resposta do PSdeG é non" e ínstao a abordar unha reforma electoral ampla nunha comisión parlamentaria que contemple, entre outros aspectos, a instauración das listas "desbloqueadas ou abertas". Audio no interior
Falamos co economista Miguel Ongil, co-autor do libro Que hacemos con la financiación de los partidos, que vén de publicar Akal
Un senador do PP lucense non realiza iniciativas nin intervencións dende marzo de 2012. Armando Castosa, alcalde de Cospeito, só formulou unha pregunta escrita dende que se incorporou á Cámara Alta en 2011.
O Concello de Carballo pon en marcha unha nova ordenanza que asenta o a lingua galega como idioma de uso normal en todas as actividades municipais. O goberno carballés desenvolve así o Plan Xeral de Normalización, reducido pola Xunta á categoría de "remuíño de ideas".
O presidente da Xunta viaxa á illa caribeña exactamente sete anos despois da visita do do seu predecesor, Emilio Pérez Touriño, a quen lle achacou falta de "valentía" e "determinación" por non ir alí para alentar as "ansias de democracia e liberdade"
O TC veta, a instancias do Goberno central, a lei navarra que obrigaba a institución católica a pagar o imposto de bens inmobles polos seus edificios non dedicados ao culto. Concellos como Allariz xa comezaran a cobralo apoiados en ditames xudiciais.