O recorte de Feijóo ao Parlamento, inocuo para o reparto de cargos no PP
Os conservadores perderían 8 representantes nun Parlamento de 61 escanos cos mesmos resultados de 2012 e xa levan feitos 11 corrementos de lista. Cos actuais mínimos provinciais, A Coruña pasaría a ter un escano por cada 57.000 electores e electoras e Lugo, un para cada 26.000.