Política
O Parlamento Europeo entra en fase adulta no peor momento posible
O descrédito da eurozona favorece os partidos euroescépticos de esquerdas e dereitas nas elección sde 2014. Na nova lexislatura a Eurocámara comportarase como tal e elixirá o presidente ou presidenta da Comisión. Ou tentarao.
A Xunta tarda seis meses en aplicar as axudas ao aluguer para persoas desafiuzadas
O Goberno admite que adxudicou menos de 20 vivendas a familias afectadas por desaloxos mentres o Consello Xeral do Poder Xudicial rexistra máis de 3.000 lanzamentos en Galicia durante 2012
O xuíz do caso Bárcenas pide as contas do PP galego entre 1997 e 1999
A Fiscalía reclama coñecer todos os movementos financeiros dos conservadores en Galicia durante tres anos, nos que Pablo Crespo ocupou a secretaría de organización.
"Cando as primarias estean en marcha marcarei a miña posición"
O secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, anuncia que tras o comité federal de xullo anunciará se opta á reelección e defende o traballo de oposición do seu partido, "máis calado nun momento en que o sensacionalismo ocupa moito espazo"
Feijóo ve "un engano" a reforma legal para as preferentes que o PPdeG aceptou
O presidente das Xunta desdeña as solucións á estafa que non pasen pola arbitraxe ou o xulgado e o BNG, autor da proposta de cambio legal, lamenta que teime en "vender fume" para "xustificar o seu dobre xogo"
A Xunta proclama que en Galicia "ninguén pasa fame"
A conselleira de Traballo asegura, en resposta a AGE, que as axudas da Xunta cobren todas as necesidades das persoas en situación de exclusión. Fajardo dubida de que "sexa humana" e convídaa a visitar "Cáritas ou un comedor social".
Endemoñados, aparecidos e pantasmas na pantalla
Suso de Toro
O PP tenta fuxir en Galicia das súas contradicións coas preferentes
Os conservadores volven votar a favor de suprimir a quita tras rexeitalo no Congreso e Feijóo, que cre "un paripé" tratar o asunto no Parlamento galego, asegura que as persoas con menos de 10.000 euros atrapados por Novagalicia Banco van recuperar os cartos en poucas semanas.
Antes aquí fabricaban aceiro
David Rodríguez
"Anova ten que ser fiel ao reto que se propuxo: navegar en mar aberto e asumir riscos"
Hai moitas olladas pendentes de Martiño Noriega, alcalde de Teo e responsable de acción institucional de Anova, á que lle reclama "coherencia" e "valentía" á hora de definir a súa estrutura e funcionamento na Asemblea Nacional do 8 e 9 de xuño.
Feijóo recúa e nega a destrución de documentos na enésima lea por Marcial Dorado
A oposición en pleno insta o presidente a aclarar as contratacións da Xunta coas empresas do narco nunha tensa sesión que o líder popular culminou considerando que a AGE "só lle queda ir en coalición electoral co señor Dorado".