Preescolar na Casa non volverá ter axudas da Xunta porque "xa non funciona"
Os votos dos conservadores evitan que o Parlamento tramite a iniciativa lexislativa popular que procuraba a recuperación do proxecto pedagóxico que funcionou no rural galego durante máis de tres décadas. En 2009, o programa de Feijóo vía "esencial" o proxecto.