Feijóo presume de que as autonomías se sitúan "coma un só home" detrás de Rajoy
O Goberno central acepta revisar o reparto do obxectivo de déficit de cara a 2014 tras a Conferencia de Presidentes, na que tamén se acordou analizar o sistema de financiamento autonómico. O presidente da Xunta presume de control do déficit e di agora que non subirá impostos e que loitará contra a fraude fiscal.