O monte galego, desprotexido contra o lume
A situación climatolóxica que viviu Galicia na pasada primavera con fortes choivas en todo o país converteu a paisaxe dos distintos espazos montañosos nun campo axeitado para a proliferación de incendios. Os axentes forestais da Xunta inspeccionan as distintas zonas de perigo e non deixan de chamar a atención sobre o estado preocupante do monte galego.