O grupo de Aymerich botará a andar co BNG como "casa común nacionalista"
Os textos fundacionais de Abrente-Esquerda Democrática Galega recollen a vontade do novo colectivo de "traballar a prol dunha Galiza soberana e socialmente xusta".
Os textos fundacionais de Abrente-Esquerda Democrática Galega recollen a vontade do novo colectivo de "traballar a prol dunha Galiza soberana e socialmente xusta".
O rebumbio causado por unha pouco habitual entrevista televisiva a Feijóo achegou á actualidade o símbolo autonómico que preside o complexo de San Caetano, instalado polo tripartito nos 80 e cuestionado polo PP durante o mandato de PSdeG e BNG
O director xeral dos medios públicos salienta que a TVG e a Radio Galega non terán dificultades de adaptarse ao novo marco legal tras rematar 2011 cun superávit de 0,4 millóns mentres PSdeG e BNG lle reprochan o "partidismo" e a "manipulación" do ente
Tres grupos do Congreso reclaman constituír unha comisión parlamentaria para artellar medidas de "transparencia e control sobre a acción do xefe do Estado" e da súa familia, máis urxentes tras os últimos "escándalos" da institución, din.
Despois de que Pachi Vázquez considerase que "cando a limosna é tan grande, ata o santo desconfía" e reclamase o texto do pacto o portavoz popular lamenta que o líder socialista "ande con pataqueiradas"
A teimosía do presidente ao reiterar que "dar de comer ou facer a cama a un paciente non é sanidade" irrita os grupos da oposición parlamentaria e os colectivos en defensa dos servizos sanitarios públicos
O Espazo Ecosocialista constitúese como partido para "achegar" o seu gran de area a unha nova proposta política, á que aspiran atraer grupos e persoas á marxe de Acción Galega, Máis Galiza e o Encontro Irmandiño, "que acabará encontrándose con todos nós". "Non queda outra", din os seus coordinadores.
Representantes institucionais próximos ao Encontro Irmandiño, Máis Galiza ou independentes de case trinta concellos deciden "iniciar un novo camiño que remate na construción a nivel nacional dun novo referente político". Os Ecosocialistas dan "por feito" que EI acabará uníndose ao NPC.
O presidente da Deputación é elixido por aclamación secretario provincial dos socialistas e contrapón o seu "galeguismo integrador" coa "neodereita" do PP. Raúl Fernández foi reelixido líder do PSdeG de Ourense.