Carolina Bescansa prepárase para loitar con Gómez-Reino polo liderado de Podemos Galicia
O equipo de Carmen Santos e actual dirección do partido ofrece á deputada compostelá liderar a súa candidatura no proceso aberto para a renovación da executiva. A cofundadora da formación morada decidirá nos vindeiros días se acepta a proposta.