A Marea faise partido instrumental e espera que Podemos se sume na loita pola Xunta
A asemblea constituínte de Vigo crea a nova formación, cuxo candidato será elixido de xeito directo polas bases e na que o resto das listas poderán ser consensuadas. Os seus líderes apelan á unidade á espera de coñecer o resultado da consulta que Podemos Galicia realizará entre os seus simpatizantes para decidir se se suman dalgún xeito a unha candidatura conxunta.