Fomento pactou con Audasa subir a peaxe por ampliar a avenida da Vedra na Coruña
Tal e como temía o Concello, o protocolo abre a porta a que a concesionaria incremente as tarifas ata un 1,5% anual nos vindeiros 20 anos, ademais da revisión habitual do importe. “Non se pode hipotecar o futuro desta cidade simplemente para mellorar o servizo de Audasa", advirte o alcalde