O Parlamento galego entra nos minutos do lixo
Os resultados das xerais poden provocar cambios na configuración dos grupos de PP, PSdeG, AGE e BNG na Cámara, que comezará 2016 coa axenda lexislativa do Goberno practicamente esgotada.
Os resultados das xerais poden provocar cambios na configuración dos grupos de PP, PSdeG, AGE e BNG na Cámara, que comezará 2016 coa axenda lexislativa do Goberno practicamente esgotada.
A candidatura que aglutina o BNG e outras forzas soberanistas reivindícase como "netos e netas de Castelao" ante o Panteón de Galegos Ilustres.
Podemos tan só liderará as listas na Coruña, onde o número 2 ao Congreso será para Yolanda Díaz. O escritor Fernán Vello será o candidato por Lugo nunhas listaxes con forte presenza de distintas plataformas municipalistas e que poderán ser validadas por 4.000 persoas.
A aposta do presidente da Xunta por non esixirlle explicacións ou a dimisión a Baltar reconforta no PP de Ourense e indigna á oposición, que se pregunta "que sabe de Feijóo" o barón ourensán para ter o seu abeiro.
Os membros da Administración encargados de xestionar a catástrofe ecolóxica continuaron, na súa gran maioría, en diversos postos políticos despois do naufraxio.
A Organización de Produtores reparte 1.000 litros de leite en Compostela e a plataforma en defensa do sector reúnese este venres para preparar novas protestas ante o incumrimento do acordo lácteo por parte de varias industrias e os baixos prezos que seguen a cobrar os gandeiros.
O líder dos socialistas galegos responde a Pachi Vázquez e lembra que foi en 2012 "cando non houbo primarias". "Garanto que as vai haber; se ese é o problema, problema resolto", asegurou.
A oposición parlamentaria repróchalle ao presidente que defenda o barón ourensán ante a denuncia da muller que o acusa de ofrecerlle un posto de traballo a cambio de sexo. O titular da Xunta pon o acento en que Baltar non está imputado e repróchalle ao resto de grupos ter unha "dobre vara de medir".
Propón un censo aberto malia que nun principio a participación ía estar destinada á militancia de cada formación, que elixirá cadanseus candidatos a formar parte da lista de consenso da coalición. Anova xa fixo públicas as súas opcións, que serán votadas polas bases entre o xoves e o venres.