A reforma da Vedra: dous modelos políticos e de cidade para A Coruña
O goberno da Marea suma cada vez máis apoios á proposta de "humanización" da principal vía de entrada á urbe. Aposta por carreiros peonís e para bicis, transporte urbano e vexetación para minguar a contaminación. Fomento di non e insiste en ampliar carrís pero negocia xa co Concello.