- Obituario Bibliotecarios e represión franquista
- Cultura
Francisco Redondo Abal, a memoria histórica do persoal bibliotecario
O pasado venres morreu aos 62 anos Francisco Xavier Redondo Abal, vítima dun cancro. Era bibliotecario da USC e ocupaba o cargo de director da biblioteca de Física. Dedicou tamén a súa vida á investigación histórica, especialmente á memoria democrática, ámbito no que publicou unha ducia de libros, e sobre todo afondou no estudo da represión sufrida por bibliotecarios e bibliotecarias na ditadura.