Como está Galicia?
Divorcio entre sociedade e parlamento
Xoán Antón Pérez-LemaO 98% das propostas da oposición, tombadas tras a chamada de Feijóo ao diálogo
Só as preferentes e o apoio ás frotas galegas no estranxeiro suscitaron a unanimidade da Cámara. Os conservadores tiveron apoio dalgún grupo da oposición no 16% das súas iniciativas e sacaron adiante medias como a inocua rebaixa do IRPF ou o recorte de escanos.
A oposición insiste nunha fiscalidade máis progresiva e na defensa dos servizos públicos
PSdeG, AGE e BNG apostan por unha reforma que aumente os impostos ás rendas altas e non incida nos máis desfavorecidos e achegan unha morea de propostas contra o empobrecemento, a desigualdade social e o paro.
Feijóo teima en que a oposición se sume á súa visión de Galicia
O presidente apela á responsabilidade de PSdeG, AGE e BNG para instalos a compartir diagnóstico político e económico. Romeu, Beiras e Jorquera ínstano a abandonar a "arrogancia", fixarse nos problemas "da xente" e "gañar" o "respecto" e a "credibilidade".
Méndez Romeu acusa a Feijóo de "receitar só resignación e derrotismo" aos galegos
Debuta como voceiro socialista culpando o presidente "da destrución do Estado de Benestar" e ofrécelle un pacto que inclúa "un plan de emprego e o mantemento de Novagalicia como entidade financeira galega".
Beiras apela á "rebelión" da cidadanía contra o "comando de exterminio" do PP
O líder de AGE asegura que hai "alternativa á actual barbarie" e reta a Feijóo a convocar eleccións "se está tan seguro" de que conserva o apoio da maioría social do país.
Jorquera: "Feijoo vive nos seus papeis, non na Galicia real"
O discurso de Jorquera tivo unha forte compoñente económica: do paro aos recortes, pasando polos repagos. E tamén fixo fincapé nas "cortinas de fume" coas que, ao seu xuízo, Núñez Feijoo busca decote "ocultar a realidade"
Feijóo eríxese en guía de Galicia na saída da crise e pide a adhesión da oposición
O presidente da Xunta anuncia unha rebaixa do IRPF menor á que el mesmo prometeu en 2009 e sentenza que "negar a efectividade" das medidas do Goberno é "negar os méritos" da cidadanía do país
Un país a debate no segundo exame da lexislatura para Feijóo
PSdeG, AGE e BNG coinciden en reclamar un debate de política xeral centrado na Galicia "real" e non nas "cortinas de fume" do presidente da Xunta
A sanidade, unha materia máis que pendente para Feijóo
A Xunta transita entre a submisión aos copagos implantados polo Goberno central e a dura crítica aos recortes, á falta de medios e á privatización por parte de sindicatos e profesionais do Sergas.
As fusións, remedio para os males de Galicia?
A pasada lexislatura foi a do eloxio da fusión, xa fose de consellerías, de caixas ou de concellos. No anterior debate de política xeral Feijóo presentou como unha medida histórica a unión de Oza dos Ríos e Cesuras.