López Sors: "Non temos nada que ver co rumbo errático do Prestige"
O ex director xeral da Mariña Mercante protexe os seus superiores e di que el "ditaba" as primeiras ordes. Xustifica o afastamento do buque nos primeiros días, pero desenténdese do rumbo errático posterior. "Era cousa dos salvadores, aínda que eu recomendei que se mantivese lonxe da costa", dixo, tras defender a actuación da Administración española: "Fíxose un bo traballo".