Xunta, CC.OO e UGT asinan o pacto salarial do profesorado, que a CIG ve como "o peor dos últimos anos"
Os docentes galegos verán incrementado o seu salario en 1.260 euros ao ano cunha suba retributiva que non se completará até 2021.
Os docentes galegos verán incrementado o seu salario en 1.260 euros ao ano cunha suba retributiva que non se completará até 2021.
O claustro do centro critica a perda de dúas novas mestras, que se unen ás dez prazas desaparecidas nos últimos oito anos, un terzo do profesorado. Subliñan que a situación do instituto é unha boa mostra do que está a suceder "na maioría de centro públicos de Galicia"
Sindicatos e anpas sitúan entre o 80% e o 96% a insubmisión ás probas desta semana, nas que a Xunta recoñece un absentismo do 40%, como nas últimas avaliacións. O país lidera a protesta contra estas avaliacións no Estado desde que foran impulsadas pola polémica Lei Wert.
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público cifra en máis do 80% o absentismo nas polémicas probas impulsadas pola Lomce e ás que estaban convocados este martes máis de 20.000 alumnos e alumnas de 3º de Primaria.
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público volve chamar á insubmisión ás probas de avaliación que a polémica lei educativa impón en Primaria e ESO a finais deste mes. A Xunta recoñeceu até un 40% de absentismo en cursos anteriores, un 80% segundo os impulsores da protesta.
O aval do Constitucional á LOMCE non impediría limitar por lei o financiamento público destes centros, que en Galicia teñen concertos vixentes ata o 31 de agosto de 2023 en virtude da última orde do Goberno galego
A mobilización impulsada por Erguer reclama unha lei galega de educación e lembra que as principais mudanzas da reforma educativa do PP seguen vixentes. A Xunta desdeña as protestas, que ve "antigas" porque está en marcha o futuro pacto educativo estatal, e censura que teñan intención "política"
A Xunta programou 617 traballos de mellora por 15,7 millóns e rematou só o 80%. “O resto as iremos finalizando nas próximas semanas”, di Feijóo a catro días do inicio das clases.
Educación asigna o financiamento centros de ensino privados, cuxa duración vai alén do esixido pola LOMCE. A nova orde de concertos eliminou a educación en igualdade como criterio de "preferencia" para aprobalos
CIG-Ensino denuncia que o catálogo de postos de traballo decidido pola Consellaría implica que o 18% dos mestres e mestras terán que impartir docencia en máis dun centro. O sindicato denuncia, ademais, amortizacións encubertas en Educación Infantil
No vindeiro curso funcionarán 9 escolas unitarias menos en Galicia. Tras os peches de 2016 Feijóo cuestionara a "calidade educativa" das unitarias e as ANPAS reclamaran un plan específico que adapte ao rural os baremos xerais dos centros
A marcha da comunidade educativa do CPI Monte Caxado, dende As Pontes ata a Coruña, forza a Consellería a aceptar a apertura dun diálogo para tratar o futuro do centro. Porén, no Parlamento Román Rodríguez reafírmase na conveniencia dos traslados anunciados. Video da manifestación no interior