Escola pública
A Xunta premia o IES Brión por un proxecto de robótica tras deixar o centro sen docentes para impartila
O alumnado galardoado polo deseño e fabricación dun robot pretendía ampliar os seus coñecementos nunha disciplina específica, eliminada este curso pola escaseza de docentes. A mobilización do centro conseguira recuperar o reforzo na ESO pero non varias das optativas.
As protestas por falta de profesorado continúan: paro e mobilización en Vilar de Barrio
Familias e alumnado concéntranse ás portas do CEIP para reclamar un docente máis. Advirten de que non poden contar con profesorado de apoio e que varios cursos se agrupan nunha aula en caso da baixa dun mestre: "Así non se pode manter a calidade educativa".
A mobilización das familias do IES de Brión recupera o curso de reforzo na ESO
A Xunta impón como condición para achegar un complemento de profesorado a volta á clase do alumnado. A ANPA mantén as protestas e manifestouse tras este "primeiro chanzo" aínda insuficiente: mantense a "masificación" en 4º e a imposibilidade de impartir todas as optativas
O IES de Brión no que protestan as familias ten o mesmo profesorado que hai dez anos con 180 alumnos máis
O peche e as mobilizacións pola escaseza de docentes cumpren xa doce días á espera dunha nova reunión coa Inspección Educativa e tras outra negativa da Xunta a incrementar o persoal. As protestas continúan noutros centros escolares galegos.
Carta aberta ao conselleiro de Educación
ANPA Pedra Viada do IES de Brión
A folga pola falta de docentes baleira de alumnado o IES de Brión
A mobilización nas aulas do instituto cumpre unha semana cun apoio do 97% das familias ao paro. En Santiso, Santa Comba, Ordes, Roxos ou Allariz mantéñense tamén protestas polos recortes na educación.
O curso comeza sen cafetaría nos institutos pola demora da Xunta en contratalas
A nova lei de contratos obriga a centralizar na Xunta a contratación das cafetarías, que antes dependía de cada centro. A Consellería non iniciou os trámites ata o 17 de xullo e os atrasos do proceso impiden que as 255 cafetarías poidan funcionar ata outubro
As protestas por falta de profesorado e masificación espállanse por varios centros no inicio do curso
Ao peche e folga que se mantén no IES de Brión engádense mobilizacións semellantes en colexios de Santa Comba, Ordes, Santiso ou Roxos. As queixas pola escaseza de docentes e o exceso de alumnado nas aulas son comúns
Familias péchanse no IES de Brión para esixiren máis profesorado e "un ensino decente"
Nais e pais manteñen un peche no centro denunciando a escaseza de docentes, razón pola que xa dimitiu o equipo directivo. O centro conta con 31 alumnos máis que o curso pasado e solicitou dez profesores pero Educación tan só lle facilitou sete.
Galicia inicia o curso en Infantil con 3.000 alumnos e case cen centros menos que hai dez anos
O alumnado de Infantil matriculado en 2018 baixou en 2.941 nenas e nenos a respecto de hai unha década. Tamén hai un total de 93 colexios menos para o ensino dos máis pequenos
"Con esta ratio, folga no patio": A comunidade educativa de Allariz esixe que a Xunta cumpra coa lei
A comunidade educativa do colexio Padre Feijóo de Allariz leva un mes mobilizándose para esixir que en Infantil non se supere o número máximo de alumnos e alumnas por aula fixado pola lei. Manterá unha xuntanza coa delegación territorial da Consellería este martes e ameaza con estender as protestas