Familias do colexio de Sarria apuntalado advirten de que "non temos a seguridade de que non haxa risco para os nenos"
Moitos pais e nais néganse a enviar os seus fillos e fillas ás clases, pero dende a Xunta asegúrase que o edificio está "perfectamente" e que non existe risco ningún para os seus ocupantes. O inmoble permanecerá apuntalado e realizaranse pequenas obras durante ao redor dun mes