Hadrián: a loita contra a leucemia e por unha atención educativa xusta
O rapaz de Malpica, de once anos, sofre unha leucemia e tan só ten garantidas catro horas semanais de clases na súa casa, xa que non pode asistir á escola. A súa familia pide máis clases e a Confederación de Anpas pide unha "solución" ao considerar que está "mal atendido"