
Un informe sitúa o CGAC, o de Belas Artes e o Granell entre os museos con menos transparencia do Estado
A fundación santiaguesa presenta mellores indicadores que os outros dous centros dependentes da Xunta
A fundación santiaguesa presenta mellores indicadores que os outros dous centros dependentes da Xunta
O PP rexeita no Parlamento a petición de En Marea de que se reabra o proceso mentres o PSdeG quere que o Consello de Contas fiscalice como se outorgaron as subvencións
O Goberno galego leva máis de medio ano sen actualizar o seu rexistro de convenios obrigado pola lei de transparencia, no que os dous únicos publicados nos últimos meses fórono tras peticións de Praza.gal
O departamento dirixido polo veterano popular Ángel Bernardo Tahoces incumpre prazos legais e pon todo tipo de obstáculos para facilitar información en materia de impacto ambiental dos parques eólicos ou as canteiras
Os 'informes' cos que o presidente introduce nas súas comparecencias asuntos do seu interese pasaron dunha media de 3 en cada reunión do seu executivo na primeira lexislatura a 4,1 na actual
Despois de dous anos de negativas e obrigado polo Consello de Transparencia e Bo Goberno, a Autoridade Portuaria comunicou finalmente a relación de cantidades pagadas dende o 2015 a cada integrante do seu ente decisorio, no que figuran Beatriz Mato e outros representantes da Xunta, que perciben case 750 euros por xuntanza.
O Goberno galego fixo público este mes a avaliación sobre o seu cumprimento dos acordos parlamentarios sen detalles sobre de que xeito cumpriu ou non cada un deles. O documento foi divulgado tras unha "reunión de traballo" ao respecto nun restaurante compostelán cun custo de 132 euros
A Xunta vén borrando os seus contratos aos poucos días, pero a popular Paula Prado critica o Concello de Santiago por non publicar aínda ningún de 2018 malia que a lei só obriga a facelo trimestralmente
A responsable de controlar a transparencia do Goberno galego di que o importante é garantir o dereito de acceso á información, non os “prazos” en que se pode exercer
Os contratos menores supuxeron no primeiro ano en que foron públicos, o 2016, o 47% dos máis de 1.845 millóns que sumaron todas as contratacións da Administración galega. A Xunta alega razóns técnicas para borralos mentres outras Administracións, como algúns concellos, os manteñen publicados
A Audiencia Nacional obriga a facer públicos os nomes dos viaxeiros pero só desde a entrada en vigor da Lei de Transparencia en decembro de 2014. Hai ano e medio Praza.gal publicou información previa a esa data facilitada polo Ministerio de Fomento de Ana Pastor.
Os grupos da oposición levan formuladas 174 peticións de documentación. Case tres de cada catro das pendentes están xa fóra do prazo regulamentario de resposta, fixado nun mes. ENCE, listas de espera do Sergas ou datos sobre o galego no ensino son algúns dos papeis que a Xunta aínda non entregou