Sanidade pública
- Datos Sanidade pública
- Acontece
Tres de cada catro camas hospitalarias en Galicia están ocupadas e a COVID non supón nin o 1%
A repercusión do coronavirus é xa residual no que atinxe aos ingresos hospitalarios. As persoas ingresadas coa COVID como causa directa son apenas o 0,8% en unidades convencionais e arredor do 0,9% nas UCI mentres aumenta a presión no sistema por outras patoloxías
Ocorrencias
Xosé Mª Dios DizA Xunta responde á manifestación de SOS Sanidade Pública afirmando que a presencialidade en Atención Primaria supera o 60%
Mentres a Xunta responde á mobilización afirmando a demora se reduce nunha Atención Primaria que gaña persoal, Pontón (BNG) reclama máis medios para que non haxa "centros de saúde con semanas de espera" e Formoso (PSdeG) resalta que "non é posible que xa poidamos ir a grandes eventos pero se negue acudir ao centro de saúde con normalidade"
O Sergas prevé que a televisión siga sendo de pago no Hospital de Lugo outros dez anos
Tras un primeiro contrato de dez anos prorrogado, a Xunta saca de novo a concurso o servizo cun prezo máximo de 6 euros ao día para a TV e 5,5 para internet, pero asume que só o 20% dos doentes o usarán
Psicólogos clínicos do SERGAS critican a "errática e precaria" aplicación do Plan Galego de Saúde Mental nun contexto agravado pola pandemia
A asociación que agrupa estes profesionais alerta de grandes diferenzas no acceso aos distintos programas e servizos segundo o concello de cada persoa usuaria. Esta fenda maniféstase especialmente entre os ámbitos rural e urbano
Contas detecta "falta de transparencia" no contrato co que a Xunta paga máis de 70 millóns anuais a Povisa
O órgano fiscalizador das contas públicas da Xunta advirte de que o contrato do Sergas con Povisa implica que o prezo por paciente "unicamente poida sufrir variacións á alza" e nunca baixar por estar fixado cun sistema que "pode non estimular a calidade da prestación sanitaria"
- Entrevista Sanidade pública
- Movementos sociais A Coruña
"No Cuarto de Contención do Hospital da Coruña estanse vulnerando gravemente os dereitos humanos"
O MGSM leva dous anos denunciando a utilización da contención mecánica no CHUAC, unha práctica moi violenta na que algúns pacientes da Unidade de Psiquiatría son atados con correas a unha cama, en ocasións "por períodos de tempo prolongados". Falamos co seu voceiro, Miguel Anxo García Álvarez.
O PP di concordar con que Lugo precisa a hemodinámica que Feijóo promete dende 2011
A oposición parlamentaria lembra que a carencia do servizo para atender infartos no hospital lugués duplica o tempo de atención e a mortandade de pacientes
Os recortes fan que tratar o cancro sexa o triplo de caro para quen o padece
A Asociación Española contra o Cancro alerta dos perigos de medidas como o repagamento no transporte sanitario non urxente mentres colectivos cidadáns e de doentes alertan contra a primacía dos criterios económicos sobre os clínicos
Feijóo gábase das listas de espera cirúrxicas do Sergas, que roldan os 100 días
A Xunta aférrase ao cómputo das agardas baseado nas "patoloxías máis graves" e obvia o sistema ordinario, lastrado polos máis de 200 días de demora do hospital POVISA de Vigo
Infartar en Lugo é máis perigoso
Movementos veciñais e partidos políticos da capital luguesa mobilízanse dende hai meses para esixir o servizo de hemodinámica no hospital Lucus Augusti, cuxa carencia duplica o tempo que tardan en ser atendidos os doentes que sofren un infarto