
A UE retomará en 2021 a adiada inspección sobre o control de España á radioactividade na costa galega
O compromiso da Comisión para controlar a supervisión do estado dos bidóns guindados entre 1949 e 1982 chegou despois de ficar certificado que, durante décadas, ninguén vixiou periodicamente a radioactividade nas augas. "O problema non é que a misión pase de 2020 a 2021 polo coronavirus, senón que pasasen máis de 40 anos sen verificar o estado do residuos", subliña Ana Miranda, voceira do BNG en Bruxelas