O Cangas saca un empate nun partido igualadísimo
Con este empate, o equipo cangués baixa á quinta praza da Asobal, empatado a 12 puntos co Benidorm, cuarto. Aínda así, o Cangas mantén a súa excelente xeira: só perdeu un partido dos últimos cinco.
O Granada frustra o Celta
O equipo de Caparrós impediulle ao equipo vigués desenvolver o seu mellor xogo, que aínda así puido gañar.
Larrivey guía o Celta a postos europeos
O conxunto celeste suma 16 puntos e volve superar o Vilarreal pola sexta praza, á espera de que os amarelos xoguen o seu partido desta xornada contra o Sevilla.
O Celta saca un valioso punto de San Mamés
O Celta empatou 1-1 este sábado pola tarde contra o Athletic de Bilbao no novo estadio de San Mamés. Adúriz adiantou o conxunto local no minuto 6 ao transformar un penalti por man de Sergi Gómez, mentres que Nolito igualou de disparo cruzado no minuto 28 da segunda metade. O colexiado Fernández Borbalán anulou un gol de Adúriz que suporía o 2-0 por fóra de de xogo inexistente no primeiro minuto do segundo tempo.
O Cangas logra o triunfo da fe
O equipo do Morrazo vence tras unha gran remontada na segunda parte.
O Celta paga a súa falta de pegada coa primeira derrota da temporada
O conxunto céltico dominou durante moi boa parte do choque, atacou sen reservas e dispuxo de múltiples ocasións, pero pecou de falta de efectividade cara ó marco defendido por Asenjo.
Unha xenialidade dálle ao Celta unha nova vitoria en Elxe
O equipo vigués pechou a súa particular semana fantástica cun triunfo no campo do Elxe 0-1 grazas a un gol de Nolito, de novo o mellor home dos célticos, no minuto 90.
O Coruxo segue coa súa xeira triunfal na 2ºB
O Coruxo sumou esta tarde a súa cuarta vitoria consecutiva no grupo I da segunda división B ó gañar por 2-1 ó Langreo no campo do Vao. A súa bagaxe é de catro triunfos e un empate en cinco xornadas, isto é, 13 de 15 puntos
O Celta cede a vitoria cun gol en propia porta no minuto 92
Os celestes, que acusaron un notable baixón físico na última media hora, empataron 2-2 coa Real Sociedade. Así, queda con cinco puntos de nove disputados na zona media-alta da táboa
O Celta comeza unha temporada de ilusións
O Celta 2013-2014 botará a andar o vindeiro luns ás 10 da noite en Balaídos fronte ao Espanyol, curiosamente o mesmo rival contra o que logrou a salvación no último partido da pasada campaña. Antes dese choque haberá algúns actos conmemorativos polo 90 aniversario do club celeste.
Galicia queda sen derbi de primeira
O Celta logra unha sufrida permanencia na elite futbolística grazas á súa vitoria por 1-0 ante o Espanyol e por mor da derrota dos coruñeses por 0-1 coa Real Sociedad
O Celta segue crendo no soño da permanencia
O Deportivo está fóra dos postos de descenso, pero se non gaña, unha vitoria do Celta deixaría os celestes na primeira división. Unhas contas moito máis sinxelas das que se podían esperar. A ilusión da salvación está máis viva que nunca en Balaídos.