O Cangas cae ante o poderío ofensivo do Granollers
Os galegos perden 31-35 nun partido no que os ataques superaron as defensas.
Un gol no minuto 92 condena ó Celta ós postos de descenso
O equipo vigués cae por 0-1 ante o Valencia tras un partido igualado no que acusou un forte descenso físico nos minutos finais
O Balonmán Cangas derrota o quinto clasificado da Asobal nun final trepidante
O Cangas gañoulle este sábado 24-23 no Gatañal ó Ciudad Encantada de Cuenca, no regreso da liga Asobal tralo Mundial gañado pola selección española. O público do Gatañal, moi enchufado durante todo o encontro, celebrou o agónico triunfo do seu equipo ante un conxunto da zona nobre da táboa.
O Celta salva un punto cun xogador menos
O conxunto celeste quedou con dez pola expulsión de Augusto Fernández no minuto 4 da segunda metade, cando gañaba 1-0 con gol de Krohn-Delhi ó culminar unha parede con Iago Aspas. O Celta continúa na carreira por evitar o descenso, unha carreira que se presume moi dura.
O Celta saca un punto da Rosaleda
O Celta obtivo un empate na súa visita ó campo do Málaga. Nunha primeira metade de dominio local adiantouse o Málaga con gol de Demichelis tras varios rexeites, pero o Celta foi mellor na segunda, na que empatou por medio de Augusto Fernández
O Coruxo levou un partido gris
Gañou 1-0 ao Alcalá, penúltimo da táboa, con gol de Jonathan Reguero, fichaxe invernal que leva dous goles en dous partidos
Iago Aspas e Álex López danlle tres puntos vitais ao Celta
O Celta volve gañar en Balaídos tres meses despois e logra tres puntos salvadores para evitar caer á zona de descenso.
Un golazo de Adrián sentencia o Celta
O equipo vigués acumula unha soa vitoria nos dez últimos partidos do campionato e achégase á zona de perigo.
Outros tres puntos voan de Balaídos
O Celta pechará o ano no Vicente Calderón ante o Atlético de Madrid o vindeiro venres ás dez da noite. Se non quere verse en problemas, debe volver sumar na liga canto antes para afastarse da zona perigosa
O Octavio gaña ao final un encontro igualado
O Octavio suma o seu terceiro triunfo na Asobal, dous puntos que lle permiten escalar dous postos na táboa ata o duodécimo e afastarse da zona de descenso.
O Cangas imponse ao Octavio nun derbi moi quente
O Frigoríficos do Morrazo vence por 28-26 no "derbi da ría" do balonmán galego grazas a unha gran remontada final encabezada polo seu capitán, Suso Soliño
Un Celta gris logra a súa primeira vitoria a domicilio
O Zaragoza dominou boa parte do partido ante un Celta repregado atrás sen nin sequera acerto para saír á contra. Pero un gol de Iago Aspas a oito minutos do final deulle ós de Paco Herrera un triunfo tranquilizador tras cinco xornadas sen gañar que o afasta da zona de descenso.